![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj5o9TiswEu8qE_gCOA6YvPQjr4YwkIlMNb536gEN6ZiPDmfJeqzNT1vakOhmXyiQulD3qHSs5vFrtEgXpT6TnV5gD_iYRKpTFQjRqY7Xtxm3Cn0pfJHxZZ1S4ySnRCH8T10oRFbnfkfbc/s200/permos-o-decretazo415.jpg)
As e Os membros de Galiza Nova Ferrol estaremos maña ás 11.30 en Santiago de Compostela participando na que, de seguro, será a manifestación do ensino mais grande na historia da Galiza.
A devandita manifestación, como ben sabedes, é convocada pola plataforma Queremos Galego para mostrarlle á Xunta o noso profundo rexeitamento ao decreto contra o Galego que nestes días, e baixo un cuestionábel marco legal, está a impulsar.
Dende esta organización, animamos a toda a sociedade ferrolá a participar na manifestación pois, o ensino, e algo que nos afecta a todos e é, ao mesmo tempo, un elemento fundamental para a transmisión da nosa lingua nacional.