Ola internauta!
Benvido ao blogue de Galiza Nova Ferrol, desde aquí as mozas e mozos que compoñemos a organización na nosa localidade irémosvos informando das actividades e dos traballos que esta organización realiza nesta preciosa cidade en todos os eidos relevantes para a mocidade ferrolá.
Para alén diso, tamén poderedes acceder dende aquí ao blogue comarcal e nacional, así como aos dos concellos que compoñen esta grande comarca.
Unha aperta e que vós goste!

sábado, 16 de janeiro de 2010

Dende Ferrol tamén paramos o decretazo!



A plataforma "Queremos Galego" ven de convocar hoxe, Sábado 16 de Xaneiro, unha pegada de cartaces da folga xeral do ensino do vindeiro día 21. Será ás 5 hras do serán, diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza de Ferrol.
Nesta pegada organizada por Queremos Galego-Ferrolterra participaremos as principais organizacións integrantes na comarca (Galiza Nova, Comités Ferrol, XSG...)
Dende Galiza Nova Ferrol animámosvos a participar en devandita pegada, é tempo de loita, e a mocidade debemos saír á rúa defender a nosa lingua.

Sem comentários:

Publicar um comentário