Ola internauta!
Benvido ao blogue de Galiza Nova Ferrol, desde aquí as mozas e mozos que compoñemos a organización na nosa localidade irémosvos informando das actividades e dos traballos que esta organización realiza nesta preciosa cidade en todos os eidos relevantes para a mocidade ferrolá.
Para alén diso, tamén poderedes acceder dende aquí ao blogue comarcal e nacional, así como aos dos concellos que compoñen esta grande comarca.
Unha aperta e que vós goste!

sexta-feira, 5 de março de 2010


Dende Galiza Nova Ferrol queremos apoiar expresamente o noso máis rotundo apoio á campaña promovida polo BNG de Ferrol có lema "Mil Razóns contra o muro", e que, ao mesmo tempo, esta traballando como plataforma cidadá mediante a recollida de firmas, para permitir o acceso da cidadanía ao mar, (que xa vai sendo hora!).
Resulta intolerábel que, Ferrol, cidade integrada no mar, semelle ser unha vila de interior por mor dun muro que, hoxe, non é mais que un obstáculo.
Por un arsenal do povo, por un povo con mar!

Sem comentários:

Enviar um comentário